Coñece con nós aos habitantes de Ons, unha vida tranquila e illada que se ve alterada no verán coa chegada de miles de turistas

martes, 6 de marzo de 2012

Qué levarías ti...

Está claro que Ons non é unha illa deserta, pero en moitos aspectos asemellase; moitas da cousas das que na nosa vida non poderiamos prescindir, non son nin sequera nomeadas no día a día da illa. Iso si, cantas veces nos preguntamos que levariamos a unha illa deserta? É aí onde cómpre reflexionar sobre estas cousas que consideramos esenciais na nosa vida, pero que no caso dunha illa deserta se volverían inútiles.
Imos ver que opina a xente, que considera esencial para vivir nunha illa...




Aquí hai un pouco de todo! Dende Robisons Crusoes que levan machetes, anzois, navallas, redes, chisqueiros… que pensan dun xeito máis racional e escollen elementos que lles facilitarían a supervivencia ata os máis fieis seguidores da beleza e a cosmética para os que non poderían faltar unas pinzas de depilar! Non vaia ser que os monos da illa te vexan con tanto pelame que che comecen a facer as beiras!
Iso si, a pel ten que estar ben coidada e protexida do sol, a crema é un dos elementos máis repetidos. Pero outros en cambio prefiren levar aceite de coco, supoñemos que para quedar ben esturruxados e lucir un bonito bronceado… O que está claro é que hoxe en día o ocio é un dos elementos máis presentes nas nosas vidas, polo que son moitos os que non imaxinan estar nunha illa sen a presenza de libros, instrumentos musicais, táboas de surf, tocadiscos, iphone, internet... 
E por suposto, o mellor entretemento, a compañía! Moitos son os que mencionan os amigos como algo imprescindible para non volverse tolos nunha illa deserta, e por suposto, abondan tamén os románticos que levarían sen dubidalo á súa parella. 
Pero ademais de isto son moitos os que responden dun xeito máis raro e incluso preocupante. Moitos son os que din que levarían algún tipo de substancia alcólica e a escollen como primeira opción. 
Está claro que escoller o que levar a unha illa é algo difícil, pero entre estas ideas tan raras e diverxentes quizais haxa detrás grandes doses de imaxinación e creatividade, que unidas a unha situación de necesidade poderían dar lugar á creación de grandes inventos para a supervivencia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario