Si, si, como o escoitades! Parece
que este é o xeito no que son vistos os habitantes da illa a ámbitos legais.
Tras moitos anos de loita polas
súas propiedades todo segue igual. Parece que os veciños de Ons non teñen os
mesmos dereitos que os doutros parques nacionais. Sen ir máis lonxe, nas illas
Cíes hai propiedades privadas e Sálvora era ata non hai moito tempo propiedade
do Marqués de Revilla. Aínda así, parece que no caso da illa de Ons este tema
non está para a présa. A xustiza no pasado mes de decembro volveu negarlles a
propiedade das casas nas que habitan, pero está claro que os veciños non dan a
batalla por perdida, seguirán loitando o que faga falta polo que lles pertence,
polo seu fogar, pola súa illa, a illa de Ons!
No hay comentarios:
Publicar un comentario