Pero imos esquecer todo transporte, soamente nos imos deixar levar polos nosos pasos para descubrir os recunchos, as praias, paisaxes que nos ofrece esta fermosa illa. Cántas veces nos atopamos hoxe en día consumidos polos nosos problemas, o noso traballo, o estrés do día a día.. Pasear polas illas Ons non só nos fará coñecer un marabilloso lugar senón que nos aportará esa tranquilidade e benestar, un momento para nós. Así que, comezamos con paso lixeiro a nosa volta ás illa.
Ruta 1: Sur
No primeiro paseo descubriremos algunhas das praias máis bonitas da illa,
incluso podemos dar os pasiños polo auga, que aínda que este fresquiña, é moi
boa para a circulación. Durante esta travesía coñeceremos o famoso Buraco do
inferno, onde dise que se poden escoitar os lamentos daquelas almas que
pecaron, sobre todo cando o mar golpea forte dentro deste buraco.
Non só descubriremos praias e vistas, senón que si nos fixamos ven
poderemos observar diferentes clases de aves que enriquecen as paraxes. Características da ruta: lonxitud de 6,2 km, desnivel de 86 m,
duración 2 horas 30 minutos.
PRAIA AREA DOS CANS
PRAIA DAS DORNAS
BURACO DO INFERNO
Ruta 2: Norte
Pasiños máis adiante podemos toparnos con paraxes semellantes. Praias de
augas cristalinas, vistas para esquecelo todo e relaxarse fundíndose coa
natureza que esta ante os ollos. Características da ruta: lonxitud 8,1 km, desnivel de 100 m (duración 3 horas)
PRAIA DE MELIDE
PUNTA DO CENTOLO
Ruta 3: Ruta do faro
Non pode faltar a visita o famoso faro de Ons, del cal xa hemos falado na anterior entrada. O faro e o punto máis alto da illa, así que compre facer un esforzo, ainda que os pasos sexan máis pesados ó subir. Se pode nesta ruta facerse unha idea da illa en xeral ya que a zruza pola parte máis estreita ata a Ensenada de Caniveliñas, onde podese apreciar unha das fontes de auga doce máis importantes. Descansemos o vaivén dos nosos pasos e refresquemonos un pouco... Características da ruta: lonxitud de 4 km, un desnivel de 120 m (duración 1 hora y media)
ENSEADA CANIVELIÑAS
FARO DE ONS
Ruta 4: Ruta do Castelo
Non, ainda non hemos rematado, unha ruta máis estase por descubrir, para terminar esta excursión onde os nosos pasos han descuberto paraxes maravillosos e únicos. Imos coñecer o paseo da bateria do Castelo das Rodas, iso sí, é a ruta máis tranquila, así que xa podemos ir relaxando motores, porque non descansando os pasos na area da praia das dornas, alí podremos ver algunhas das embarcacions tradicionais. Características da ruta: lonxitude 1,1 km, desnivel de 33 m (duración 40 minutos)
PRAIA DAS DORNAS
CASTELO DAS RODAS
E aquí acábase o noso paseo; pasiño a pasiño por estas fermosas illas. Un lugar no que desconectar do resto e somerxerte na natureza.Deixarse levar é fácil cando, a cada paso, se descubre a fermosura da nosa terra.
Aquí podemos ver un mapa coas rutas:
Parabéns camiñantes, moi boa entrada!! Soubéchedes relacionar moi ben o voso tema co noso ;) A verdade e que temos moitas ganas de visitar estas illas,e como non somos basiliscos para camiñar por enriba da auga e chagar ata alí, colleremos outro medio de transporte máis factible:P Ademais agora xa temos informarción sore como movernos por alí.
ResponderEliminarUn saúdo camiñantes! Por certo, cando poidades pasádevos polas paradisíacas Cíes, que presiden a ría de Vigo ;)
Moitas grazas rapazas! A verdade e que vendo as imaxes dan ganas de ir ata alí nadando se fai falla. Pois podedes aproveitar agora en Semana Santa para ir visitar o noso paraíso! Un saúdo camiñantes! jeje
Eliminar