Coñece con nós aos habitantes de Ons, unha vida tranquila e illada que se ve alterada no verán coa chegada de miles de turistas

martes, 27 de marzo de 2012

Os ollos de Ons

O faro de Ons inaugurouse o 13 de abril de 1865, e, ao longo da historia, sufriu varias modificacións e reconstrucións ata chegar ao actual edificio, que data de 1926. Trátase dun faro especial, xa que é un faro-vivenda no que habitou, ata hai non moitos anos, un dos últimos fareiros do noso país, Fernando Liste.




A pesares de que a síúa estructura foi cambiando, a máis recente no 2010, a súa alma permanece intacta ó longo dos anos. Continúa sendo, polas noites, un dos gardas máis importantes dos mariñeiros. Os seus ollos vixiantes permanecen espertos tódalas noites, e non se pechan ata que sae o sol, facendo fuxir ás estrelas. 
  
Estes ollos vixiantes foros encendidos polo calor da leña, logo alumearon con fogueiras de carbón, máis tarde con mecha de aceite.... Eran moitos os mariñeiros e navegantes que chegaban a confundir a súa luz coa dunha estrela. 

Hoxe en día, esta maxia do lume xa non se conserva, pero o faro de Ons segue sendo, para moitos, a estrela máis fermosa da ría, a que máis forte alumea nas noites máis escuras onde mar, coas súas ondas, a quere acadar.


(Minuto 4.20)



No hay comentarios:

Publicar un comentario