Estes días son moitos os que se están achegando ao noso
paraíso, e outros os que deciden pasar uns días de tranquilidade no camping da
illa de Ons.
Pero debido á falta de persoal de limpeza, mantemento e
control viuse reducido o número de prazas ofertadas para o camping durante a
semana santa.
Varios colectivos como o de “Acampa en Ons” e outros turistas
propuxeron ao director do parque e á Administración colaborar de forma
voluntaria e altruista coas labores de limpeza e coidado do camping, para que o
número de prazas non se vise reducido, pero esta proposta foi denegada.
Parece que este servicio público do que todos podiamos disfrutar,
ten os días contados. A administración,
ao igual que está a facer con moitos outros servizos, vai poñer estas instalacións nas mans de empresas privadas.
Ter a posibilidade de pasar uns días en semellante paraíso, nun camping de tales características é para moitos a única alternativa legal e económica para
pernoctar na illa; xa que pasar unha noite nunha habitación ou apartamento da
illa, non é igual de accesible para todos, dende o punto de vista económico.
Pero quizais, a "privatización" do camping non sexa unha
cuestión tan só monetaria, senón que coa mesma se pretenda “elevar a calidade do
turismo que visita Ons”, tal e como dixo o director do Parque Nacional das
Illas Atlánticas.
Dende o noso blog apoiamos a iniciativa que leva adiante “Acampa
en Ons Asociación Cultural”, que durante estes días realizará asambleas nas que
é posible que se acorden movilizacións e medidas de presión fronte á posible “privatización”
da zoa de acampada da illa de Ons.
Podedes seguir as últimas novidades sobre o tema, dende a
páxina que ten en facebook a organización: Acampa
en Ons Asociación Cultural
No hay comentarios:
Publicar un comentario