¿Onde están os cartos que as Administracións e
os Organismos Autónomos da ao Parque Nacional das Illas Atlánticas cada ano? Se afondamos
un pouco neste tema, vemos que cartos sí que hai, o que ocorre é que están
moi divididos en diferentes organismos ou fins, e hai que atopalos.
Segundo a Rede de Parques Nacionais, as súas inversións
do ano 2010 para os Parque Nacional das Illas Atlánticas foron as seguintes:
Persoal: 1.102.569,53€
Funcionamento: 685.000€
Inversións ordinarias: 1.891.521,12€
Subvencións: 292.839,03€
Ingresos: 0,00€
Dentro das inversión ordinarias, temos varios
aspectos relacionados co uso público da illa, dos que se supón xa hai uns cartos
polo tanto para solventalos: actuacións de conservación dos valores naturais,
vixiancia e uso público (192.857,35€), elaboración do Plan Director de
restauración e integración de vivendas de Ons (17.825,00€), uso público no Parque
Nacional (554.000,00€)…
Pese a isto, no mesmo informe no que atopamos estes datos, atopamos outros algo diferentes, como por exemplo os cartos destinados
ás actuacións de conservación anteriormente ditas, que aparecen máis adiante
cunha cifra de 407.142,64€, ou os destinados ás subvencións, que van variando
en numerosas ocasións.
Por outra banda, a distribución territorial
das subvencións na área de Galicia é dun 2,65%, a cal constitúe a menor
porcentaxe de toda a península, e á que lle corresponde polo tanto unha contía
total de 0,00€ en concepto de donación. Sin embargo, se falamos da distribución
das subvencións por beneficio do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a cousa
cambia:
Particulares: 50.424,35€
Concellos: 72.987,73€
Empresas: 127.974,68€
Outros: 41.652,37€
Para conluír soamente dicir que cartos hai,
pero o que hai que facer é xestionalos ben. Ons recibe numerosas axudas para manter o turismo
activo, e non ten por qué recurrir a ningún sistema alternativo como o de
privatizar o camping se distribúe ben o que recibe cada ano..
No hay comentarios:
Publicar un comentario