Como xa vos dixemos en entradas anteriores o camping de Ons "parece que ten os días contados", e a verdade non nos enganamos ao dicirvos iso.
Tal e como era de esperar, a Xunta a semana pasada anunciou que asume o peche do camping de Ons!
O presidente do Patronato das Illas Atlánticas de Galicia, Fernando Garrido Valenzuela é o que propón o peche da zona de acampada, xa que "non da tempo" para adxudicar a xestión do camping a unha empresa privada.
Dende fontes da Consellería de Medio Ambiente aseguran que a construción e explotación das novas instalacións sairán a concurso en breve, e esta tramitación podería durar polo menos 5 meses, de ahí que o camping peche durante a temporada alta de verán.
O pouco persoal que hai no Parque Nacional das Illas Atlánticas adicarase ao coidado da illa, segundo manteñen as fontes anteriores, "estarán en lo que deben, que es la vigilancia y el mantenimiento de los valores naturales".
En definitiva, este primeiro peche da zona de acampada no verán non é máis que o comezo da
PRIVATIZACIÓN do camping de Ons.
O grupo socialista oponse á privatización das instalacións e propón medidas como que o Concello de Bueu recupere a xestión das instalacións e que se pague unha tasa simbólica polo seu uso.
A Asociación Acampa en Ons, mantén que "sería unha medida inxustificada" e que entregar a súa xestión a unha empresa "responde só a un afán recaudatorio da Administración".
No hay comentarios:
Publicar un comentario