Coñece con nós aos habitantes de Ons, unha vida tranquila e illada que se ve alterada no verán coa chegada de miles de turistas

lunes, 23 de abril de 2012

Benvidos a... privatizaciONS

Como xa vos dixemos en entradas anteriores o camping de Ons "parece que ten os días contados", e a verdade non nos enganamos ao dicirvos iso. 

Tal e como era de esperar, a Xunta a semana pasada anunciou que asume o peche do camping de Ons

O presidente do Patronato das Illas Atlánticas de Galicia, Fernando Garrido Valenzuela é o que propón o peche da zona de acampada, xa que "non da tempo" para adxudicar a xestión do camping a unha empresa privada.  
Dende fontes da Consellería de Medio Ambiente aseguran que a construción e explotación das novas instalacións sairán a concurso en breve, e esta tramitación podería durar polo menos 5 meses, de ahí que o camping peche durante a temporada alta de verán. 

O pouco persoal que hai no Parque Nacional das Illas Atlánticas adicarase ao coidado da illa, segundo manteñen as fontes anteriores, "estarán en lo que deben, que es la vigilancia y el mantenimiento de los valores naturales".

 En definitiva, este primeiro peche da zona de acampada no verán non é máis que o comezo da

 PRIVATIZACIÓN do camping de Ons. 


O grupo socialista oponse á privatización das instalacións e propón medidas como que o Concello de Bueu recupere a xestión das instalacións e que se pague unha tasa simbólica polo seu uso. 

A Asociación Acampa en Ons, mantén que "sería unha medida inxustificada" e que entregar a súa xestión a unha empresa "responde só a un afán recaudatorio da Administración". 


martes, 17 de abril de 2012

Habelos, hailos

¿Onde están os cartos que as Administracións e os Organismos Autónomos da ao Parque Nacional das Illas Atlánticas cada ano? Se afondamos un pouco neste tema, vemos que cartos sí que hai, o que ocorre é que están moi divididos en diferentes organismos ou fins, e hai que atopalos.

Segundo a Rede de Parques Nacionais, as súas inversións do ano 2010 para os Parque Nacional das Illas Atlánticas foron as seguintes:

Persoal: 1.102.569,53€
Funcionamento: 685.000€
Inversións ordinarias: 1.891.521,12€
Subvencións: 292.839,03€
Ingresos: 0,00€

Dentro das inversión ordinarias, temos varios aspectos relacionados co uso público da illa, dos que se supón xa hai uns cartos polo tanto para solventalos: actuacións de conservación dos valores naturais, vixiancia e uso público (192.857,35€), elaboración do Plan Director de restauración e integración de vivendas de Ons (17.825,00€), uso público no Parque Nacional (554.000,00€)…

Pese a isto, no mesmo informe no que atopamos estes datos, atopamos outros algo diferentes, como por exemplo os cartos destinados ás actuacións de conservación anteriormente ditas, que aparecen máis adiante cunha cifra de 407.142,64€, ou os destinados ás subvencións, que van variando en numerosas ocasións.

Por outra banda, a distribución territorial das subvencións na área de Galicia é dun 2,65%, a cal constitúe a menor porcentaxe de toda a península, e á que lle corresponde polo tanto unha contía total de 0,00€ en concepto de donación. Sin embargo, se falamos da distribución das subvencións por beneficio do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a cousa cambia:

Particulares: 50.424,35€
Concellos: 72.987,73€
Empresas: 127.974,68€
Outros: 41.652,37€

Para conluír soamente dicir que cartos hai, pero o que hai que facer é xestionalos ben. Ons recibe numerosas axudas para manter o turismo activo, e non ten por qué recurrir a ningún sistema alternativo como o de privatizar o camping se distribúe ben o que recibe cada ano..

jueves, 5 de abril de 2012

Entrada "VIP" no camping de Ons?


Estes días son moitos os que se están achegando ao noso paraíso, e outros os que deciden pasar uns días de tranquilidade no camping da illa de Ons.
Pero debido á falta de persoal de limpeza, mantemento e control viuse reducido o número de prazas ofertadas para o camping durante a semana santa.
Varios colectivos como o de “Acampa en Ons” e outros turistas propuxeron ao director do parque e á Administración colaborar de forma voluntaria e altruista coas labores de limpeza e coidado do camping, para que o número de prazas non se vise reducido, pero esta proposta foi denegada.
Parece que este servicio público do que todos podiamos disfrutar, ten os días contados. A administración, ao igual que está a facer con moitos outros servizos, vai poñer estas instalacións nas mans de empresas privadas.


Ter a posibilidade de pasar uns días en semellante paraíso, nun camping de tales características é para moitos a única alternativa legal e económica para pernoctar na illa; xa que pasar unha noite nunha habitación ou apartamento da illa, non é igual de accesible para todos, dende o punto de vista económico.
Pero quizais, a "privatización" do camping non sexa unha cuestión tan só monetaria, senón que coa mesma se pretenda “elevar a calidade do turismo que visita Ons”, tal e como dixo o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Dende o noso blog apoiamos a iniciativa que leva adiante “Acampa en Ons Asociación Cultural”, que durante estes días realizará asambleas nas que é posible que se acorden movilizacións e medidas de presión fronte á posible “privatización” da zoa de acampada da illa de Ons.
Podedes seguir as últimas novidades sobre o tema, dende a páxina que ten en facebook a organización: Acampa en Ons Asociación Cultural