Entre “ondiñas veñen e van” chegamos á fermosa illa de Ons. Un hábitat fora
do mundanal barullo, un refuxio lonxe da contaminación da cidade. Cantas veces
temos ganas de respirar mar… ese aire, aire fresco, cheo de vida, cheo de sal?
Ons é unha illa que conta cun territorio aproximado de 414 hectáreas de superficie, e que pertence ao municipio de Bueu. Forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia dende o ano 2002, xunto coas Illas Cíes, o arquipélago de Sálvora e o arquipélago de Cortegada.
Hoxe imos coñecer un pouco máis este peculiar anaquiño de terra, esquecido
no medio do Atlántico, un punto máis na inmensidade do océano. Ímonos achegar para
darnos conta de que, ao igual que cada pequeno paraíso neste mundo, as súas
riquezas, os seus pequenos recunchos máxicos e os animais que a percorren día a
día, acaban facendo da illa de Ons un universo por descubrir.
Ons é unha illa que conta cun territorio aproximado de 414 hectáreas de superficie, e que pertence ao municipio de Bueu. Forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia dende o ano 2002, xunto coas Illas Cíes, o arquipélago de Sálvora e o arquipélago de Cortegada.
O ecosistema marítimo e terrestre da illa de Ons alberga unha grande colonia de aves mariñas e unha grande diversidade de fondos mariños. As súas augas son ricas en nutrientes e en osíxeno, polo que son moitos os seres vivos que escollen as costas da illa para vivir.
Se pomos rumbo cara Ons é moi probable que golfiños, arroaces e cachalotes sexan os nosos compañeiros de traxecto, mentres gaivotas, patiamarelas, cormoráns moñudos, chovas piquivermellas e vencexos reais agardan a nosa chegada sobrevoando expectantes sobre as praias da illa.
Moitos dos camiños e roteiros da illa lévannos a lugares marabillosos onde as vistas son inigualables. Pasando entre matorrais e cerquiños chegamos ao alto de acantilados fortemente golpeados polo mar, onde a retina dos nosos ollos fixará imaxes que nunca máis poderá borrar.
Pero estas imaxes están nas nosas mans. Aínda estamos a tempo de coidar e protexer o noso paraíso, o noso fogar, para que os nosos netos poidan chegar a gozar del.
Si, si, si...todo moi bonito, pero onde se come mellor; na casa Acuña ou na de Checho???
ResponderEliminarMolládevos!!
O mellor é levar un bocata da casa e comelo tumbado na area da praia mentres a auga do mar molla os teus pés!
Eliminar(Agora ben, os bocatas do Chencho están realmente bós...)
Ante un paraíso coma este, sen dúbida descúbrese unha das grandes marabillas da nosa costa. O espírito da illa envólvenos e énchenos dunha paz inpresionante que nos entra polos ollos coa súa beleza e a súa maxia. Entre algunhas das curiosidades que nos surxen está a de se coñecedes algunha lenda relacionada con ela ou algún conto popular situado na illa.
ResponderEliminarÁnimo! Seguide así!
Ao ser unha illa tan marabillosa e con tantos recunchos as lendas que nela nacen son moitas. Deixámosvos unha delas, que recolleu xa Álvaro das Casas no ano 1935 nun monográfico que realiza sobre a illa de Ons.
Eliminar"Eiquí había un rapaz que todo-los días ía ao monte co gando. Unha serán víu que por embaixo dunha laxe saíalle unha cobra, mais tanto lle gostou que lle díu migallas do seu pan. Fixéronse amigos e todo-los días xantaban o panciño xuntos e o rapaz xogaba co-a cobra e agarimaba nela. O mozo foi ao servizo e cando voltou o primeiro que fixo foi correr ao monte para ollar a sua cobriña: chegou alá, asubiou como acostumaba outrora, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e tan grosa que o mozo colleu medo. A cobra non recoñeceu ao rapaz, botóuse a ele, ensarillóuno e matóuno. Mais cando o tiña morto reparou nele, reconocéuno e aflita botóuse ao mar e morreu afogada."
Pero non vos preocupedes que teremos tempo de afondar nestes temas e noutros do voso interese en futuras entradas.