Coñece con nós aos habitantes de Ons, unha vida tranquila e illada que se ve alterada no verán coa chegada de miles de turistas

Mostrando entradas con la etiqueta paisaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paisaxe. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de marzo de 2012

Pasiño a pasiño pola nosa illa

Non podemos chegar a Ons pasiño a pasiño, a non ser que teñamos superpoderes que nos permitan camiñar por enriba da auga. Pero unha vez alí, dámonos conta de que os nosos pasos serán o mellor medio de transporte. Non existen coches, nin autobuses, nin trens, alí o vehículo de todos os seus habitantes e máis dos turistas que visitan a illa son os seus propios pés, o máis san e menos contaminante, que leva a coñecer as belas paisaxes que nos regala a illa. Os únicos transportes que axudan aos poucos habitantes son os tractores e nalgúns casos animais como o cabalo o burro.



Podemos coñecer a Josefa, que nos fala da súa egua e das facilidades que lle dá, por non haber outro transporte, no principio deste video: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/criaturas-cap-121-rumbo-a-illa-de-ons


Pero imos esquecer todo transporte, soamente nos imos deixar levar polos nosos pasos para descubrir os recunchos, as praias, paisaxes que nos ofrece esta fermosa illa. Cántas veces nos atopamos hoxe en día consumidos polos nosos problemas, o noso traballo, o estrés do día a día.. Pasear polas illas Ons non só nos fará coñecer un marabilloso lugar senón que nos aportará esa tranquilidade e benestar, un momento para nós. Así que, comezamos con paso lixeiro a nosa volta ás illa.


Ruta 1: Sur


No primeiro paseo descubriremos algunhas das praias máis bonitas da illa, incluso podemos dar os pasiños polo auga, que aínda que este fresquiña, é moi boa para a circulación. Durante esta travesía coñeceremos o famoso Buraco do inferno, onde dise que se poden escoitar os lamentos daquelas almas que pecaron, sobre todo cando o mar golpea forte dentro deste buraco.
Non só descubriremos praias e vistas, senón que si nos fixamos ven poderemos observar diferentes clases de aves que enriquecen as paraxes. Características da ruta: lonxitud de 6,2 km, desnivel de 86 m, duración 2 horas 30 minutos.
PRAIA AREA DOS CANS
PRAIA DAS DORNAS
PRAIA CANEXOL
BURACO DO INFERNO




Ruta 2: Norte

Pasiños máis adiante podemos toparnos con paraxes semellantes. Praias de augas cristalinas, vistas para esquecelo todo e relaxarse fundíndose coa natureza que esta ante os ollos. Características da ruta: lonxitud 8,1 km, desnivel de 100 m (duración 3 horas)
PRAIA DE MELIDE
PUNTA DO CENTOLO




Ruta 3: Ruta do faro


Non pode faltar a visita o famoso faro de Ons, del cal xa hemos falado na anterior entrada. O faro e o punto máis alto da illa, así que compre facer un esforzo, ainda que os pasos sexan máis pesados ó subir. Se pode nesta ruta facerse unha idea da illa en xeral ya que a zruza pola parte máis estreita  ata a Ensenada de Caniveliñas, onde podese apreciar unha das fontes de auga doce máis importantes. Descansemos o vaivén dos nosos pasos e refresquemonos un pouco... Características da ruta: lonxitud de 4 km, un desnivel de 120 m (duración 1 hora y media)
ENSEADA CANIVELIÑAS
FARO DE ONS


Ruta 4: Ruta do Castelo
Non, ainda non hemos rematado, unha ruta máis estase por descubrir, para terminar esta excursión onde os nosos pasos han descuberto paraxes maravillosos e únicos. Imos coñecer o paseo da bateria do Castelo das Rodas, iso sí, é a ruta máis tranquila, así que xa podemos ir relaxando motores, porque non descansando os pasos na area da praia das dornas, alí podremos ver algunhas das embarcacions tradicionais. Características da ruta:  lonxitude 1,1 km, desnivel de 33 m (duración 40 minutos)
PRAIA DAS DORNAS
CASTELO DAS RODAS



E aquí acábase o noso paseo; pasiño a pasiño por estas fermosas illas. Un lugar no que desconectar do resto e somerxerte na natureza.Deixarse levar é fácil cando, a cada paso, se descubre a fermosura da nosa terra.

Aquí podemos ver un mapa coas rutas:

lunes, 27 de febrero de 2012

Chegamos...

Entre “ondiñas veñen e van” chegamos á fermosa illa de Ons. Un hábitat fora do mundanal barullo, un refuxio lonxe da contaminación da cidade. Cantas veces temos ganas de respirar mar… ese aire, aire fresco, cheo de vida, cheo de sal?
Hoxe imos coñecer un pouco máis este peculiar anaquiño de terra, esquecido no medio do Atlántico, un punto máis na inmensidade do océano. Ímonos achegar para darnos conta de que, ao igual que cada pequeno paraíso neste mundo, as súas riquezas, os seus pequenos recunchos máxicos e os animais que a percorren día a día, acaban facendo da illa de Ons un universo por descubrir.

Ons é unha illa que conta cun territorio aproximado de 414 hectáreas de superficie, e que pertence ao municipio de Bueu. Forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia dende o ano 2002, xunto coas Illas Cíes, o arquipélago de Sálvora e o arquipélago de Cortegada.
O ecosistema marítimo e terrestre da illa de Ons alberga unha grande colonia de aves mariñas e unha grande diversidade de fondos mariños. As súas augas son ricas en nutrientes e en osíxeno, polo que son moitos os seres vivos que escollen as costas da illa para vivir. Se pomos rumbo cara Ons é moi probable que golfiños, arroaces e cachalotes sexan os nosos compañeiros de traxecto, mentres gaivotas, patiamarelas, cormoráns moñudos, chovas piquivermellas e vencexos reais agardan a nosa chegada sobrevoando expectantes sobre as praias da illa.

Moitos dos camiños e roteiros da illa lévannos a lugares marabillosos onde as vistas son inigualables. Pasando entre matorrais e cerquiños chegamos ao alto de acantilados fortemente golpeados polo mar, onde a retina dos nosos ollos fixará imaxes que nunca máis poderá borrar.

Pero estas imaxes están nas nosas mans. Aínda estamos a tempo de coidar e protexer o noso paraíso, o noso fogar, para que os nosos netos poidan chegar a gozar del.