Coñece con nós aos habitantes de Ons, unha vida tranquila e illada que se ve alterada no verán coa chegada de miles de turistas

martes, 8 de mayo de 2012

Namorado da illa

A nosa andaina neste blog estase a acabar, e que mellor xeito de facelo que con unha historia tan bonita coma a que vos imos contar. Unha historia que amosa a esencia da vida na illa, unha experiencia que fainos reflexionar, que nos somerxe no mar.


La capacidad de la gente para sacar una vida digna de ese pedazo de roca en el mar é o que máis admira o antropólogo sueco Stafan Mörling da illa de Ons, onde viviu na década dos setenta.


Chega á illa nos anos 70 co obxectivo de facer un estudo da embarcación tradicional da zona, a dorna. Pero Staffan namórase dunha isleña, Josefa Otero, coa que casa, e dá vida na illa, e convence ao seu irmán cinematógrafo para que viaxe a Ons a rodar un documento antropolóxico. Este retrato da illa realizado por Stafan e o seu irmán, pouco ten que ver coa situación de despoboamento actual. Ons está esmorecendo pouco a pouco, e con ela as súas características culturais e etnográficas propias.

Staffan intégrase coa illa, séntese vivo, e únese ao traballo de pescador, co que disfruta e aprende día a día da man so seu sogro. Coñece á dorna coma unha parte máis del. Co paso do tempo, decátase de que estas bembarcacións estánse a perder (en xeral, todo o patrimonio marítimo galego,) e con él, parte da cultura, daquela cultura que viviu na illa. Por iso loita por non perdela e escribe libros acerca das embarcacións en Galicia. Co tempo recoñécese moito o seu traballo.


Aquí podemos ver algúns dos artigos sobre o traballo de Staffan:
http://www.culturamaritima.org/node/191




A verdade é que non nos extraña que Staffan se namorase da illa, da súa xente e da súa actividade... 

A maxia do noso paraíso consegue facerse un oco no corazón de todos aqueles que o coñecen.



lunes, 7 de mayo de 2012

Saímos do noso paraíso...

Hoxe afastámonos do noso paraíso para adentrarnos na Ría de Pontevedra e visitar a cidade do Lerez. Nun dos puntos máis interiores da Ría que custodia a nosa fermosa illa de Ons atópase a cidade de Pontevedra.
O día 24 da pasada semana, realizamos unha saída de campo pola cidade, na que o encargado de guiar os nosos sentidos polas rúas do conxunto histórico da cidade foi o arqueólogo Xurxo Constenla, gran coñecedor dos cambios que a cidade foi sufrindo ao longo dos séculos e dos vestixios históricos que se conservan.

Para a realización da saída que nos foi brevemente presentada polo profesor Xose Constenla na aula, utilizamos unha serie de materiais como foron un mapa da cidade co itinerario, e un breve folleto informativo sobre as paradas que iamos realizar. Tamén sen esquecerme dun dos materiais que en moitos momentos da saída foi o máis importante: O PARAUGAS.



Na nosa saída puidemos por momentos imaxinar como soldados romanos descansaban na Mansio de Turoqua, como barcos chegaban a porto despois de navegar sobre augas da Ría, como entrabamos á cidade pasando por debaixo do arco da Porta de Trabancas…
Son moitos os que percorren cada día as rúas de Pontevedra sen saber que ós seus pés camiñan sobre a vía romana XIX, sobre a muralla medieval da cidade, sobre pontes con séculos de vida… sobre pedras que agochan historias de vida. Sen saber que miliarios e trazados de murallas nun tempo marcaron estes camiños; que pontes, prazas e igrexas foron puntos de encontro nestas terras. 
Via Romana XIX
Miliario de Adriano (134 dC.) 
Muralla 
Ponte do Burgo

Romanos, fidalgos e cabaleiros, mareantes, monxes, artesáns e peregrinos deron vida a esta cidade ao longo dos séculos. Deron vida a unha cidade na que os seus usos cambiaron moito… 

As prazas da verdura, da leña e da ferrería, entre outras, nas que artesáns desempeñaban os seus oficios deron paso a zonas de ocio e grandes terrazas onde poder desfrutar dun momento de tranquilidade.
Praza da Leña

praza-da-verdura-en-pontevedra.jpg
Praza da Verdura
Moitos dos edificios cambiaron tamén, como a antiga igrexa de San Bartolomeu o Vello que foi derrubada para a edificación do Teatro Principal, ou a Casa das Campás (posible vivenda do pirata Benito Soto) onde hoxe se atopa a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. 

Teatro Principal
Casa das Campás

Nesta saída sentímonos coma na casa, rodeados de auga, ao igual que no noso paraíso, Ons; a choiva, o río, e sobretodo as fontes, que fan que a cidade sexa coñecida durante moitos séculos por "dar de beber a quen pasa".

“Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa”



E é que non podía ser doutro xeito sendo unha cidade que se atopa no Camiño Portugués, xa que son moitos os peregrinos sedentos que cada día pasan polas rúas da cidade. Este feito tamén deixa pegada nas construcións da cidade. Unha mostra diso é a Igrexa da Virxe da Peregrina, patroa de Pontevedra. 

Sen dúbida nesta saída, puidemos apreciar a cantidade de vestixios que quedan da época medieval. A cidade de Pontevedra durante esta época recibiu unha serie de exencións que actuaron como importantes dinamizadores da actividade económica e industrial da vila como foi a Feira Franca de San Bartolomeu, concedida en 1467. Esta concesión coincide cun período de puxanza económica da cidade, que se prolonga ata as décadas finais do século XVI. A pesca e o comercio foron entón os dous piares do desenvolvemento económico de Pontevedra, daquela a vila máis poboada de Galicia. 
A cidade de Pontevedra cada ano celebra de novo esta Feira, trovadores e xoglares amenizan coa sua música as rúas de Pontevedra, saborosos pratos medievais volven encher os bandullos dos habitantes da vila, ferreiros e artesáns volven sair ás prazas coas súas ferramentas de traballo, o verdugo volve axustizar, coroas de delicadas flores e veos volven engalanar os cabelos de rapazas e mulleres, bandeiras ondean colgadas das fiestras e cabaleiros volven erguer as suas capas montados sobre robustos cabalos...

E ata algúns seres non tan reais pasean polas rúas da cidade...

Pontevedra, amor ao pasado

A verdade, foi unha experiencia didáctica moi interesante á vez que entretida. E o mellor de todo... realizala con todos vós! Saúdos blogueiros e blogueiras!